Saltar ao contido

Consoante velar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha consoante velar é un tipo de consoante cuxo punto de articulación ou paso máis estreito da corrente do aire aproxímase ou toca a zona traseira do padal ou veo.

Posto que a rexión velar da parte superior da boca é relativamente extensa e os movementos do dorsum non son moi precisos, as velares facilmente sofren asimilación fonética, desprazando o seu punto de articulación atrás ou adiante dependendo do trimbre das vogais adxacentes. Frecuentemente as velares sofren cambios fonéticos adiantándose parcial ou totalmente converténdose nunha palatalizada ou palatal ante vogais anteriores ou palatais. As vogais posteriores tenden ás veces a atrasar as velares.

Moitas linguas presentan labialización na articulación das velares, tal como sucede na consoante coarticulada [kʷ], na que a articulación velar é acompañada por un redondeamento dos beizos, estas consoantes son labiovelares. Tamén existe consoantes dobremente articuladas como as consoantes labial-velares, que presentan unha dobre articulación como sucede no son [k͡p] frecuente en moitas linguas de África Occidental.f

Procesos fonolóxicos

[editar | editar a fonte]

Entre as linguas do mundo o cambio fonético máis frecuente que experimentan as consoantes velares é a palatalización ante vogal anterior ou palatal. Ese cambio é por exemplo a orixe da fonema /θ/ (/s/ no castelán de América). Porén, o fonema /x/ do castelán é en gran parte o resultado dunha despalatalización da antigos fonema /š, ž/ [ʃ, ʒ], que á súa vez procedían de palatalizacións varias das consoantes latinas /k, g/.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]